Faite socio do noso club e participa nas nosas actividades. Navega pola web para obter máis información.
No ano 2005 un grupo de amigos, amantes do BTT…
Unha nova tempada está en marcha e xa temos aberto o prazo de inscrición na Escola BTT Caimanes Betanzos.
A nosa escola busca que nenos e nenas poidan iniciarse e seguir progresando no ciclismo nun ambiente no que o deporte e a diversión vaian da man. Queremos ensinarlles a desfrutar da bicicleta e do monte, pero tamén transmitir valores que consideramos fundamentais dentro e fóra do deporte.
Fomentando bos hábitos.
Ensinando compañeirismo.
Promovendo o respecto e a deportividade.
Adestramento tras adestramento buscamos que cada neno e nena avance ao seu ritmo, gañe confianza sobre a bicicleta e, sobre todo, desfrute formando parte da familia Caimanes.
Información e inscricións
Para solicitar información sobre a escola, resolver calquera dúbida ou realizar unha inscrición, é necesario contactar co club a través do noso correo electrónico:
Escola BTT Caimanes Betanzos
O monte tamén é escola.