Dous corredores do Club Btt Caimanes seleccionados para os Campeonatos de España de Btt

Dous representantes do Club Btt Caimanes foron seleccionados coas súas categorías para formar parte da selección galega de btt.


A corredora Xiana Seijo gañou todas as probas, agás unha por enfermidade, do circuito galego de btt o que a levou a ser seleccionada para encabezar o grupo Infantil Femenino da selección galega que se desplazou ata Cartaxena (Murcia) para a disputa do Campeonato de España de Ciclismo Escolar que se celebraron os días 1 e 2 de xullo. Logo dunha saída explosiva e caótica, con un pequeno percance, Xiana logrou colocarse na 10 praza que aguantaría ata a última volta na que conseguiu adiantar a duas ciclistas para finalizar nunha meritoria 8º praza na súa segunta participación nos campionatos de España.


Por outra banda, Martín Díaz formou parte do equipo xuvenil da selección galega que se desprazou a Sabiñanigo (Huesca) para disputar o Campeonato de España de XCO que se disputaron os días 15 e 16 de xullo. Esta parcipación foi a culminación dunha tempada moi regular na que Martín estivo sempre entre os 5 primeiros rematando 3º na clasificación xeral da Copa de Galicia de XCO.

Tamén cabe destacar a organización do VII Minibtt Concello de Betanzos o 2 de xullo no parque do Pasatempo. Cunha participación superior ós 400 ciclistas entre 3 e 15 anos de todos os clubs de Galicia o que convirte a esta proba nunha das máis queridas no circuito galego.

Adrián Caamaño Copa de Galicia de Maratón

Copa de Galicia de Maratón

Un novo éxito dentro do Club Btt Caimanes a cargo de Adrián Caamaño que esta fin desemana facíase cunha nova victoria no XCM de Guitiriz.

II MINIBTT E II XCO DE CUNTIS

O sábado 27 de maio, desplazámonos a Cuntis con Carmen, Juan, Simón, Hugo, Carlos, Brais, Roi e Xiana para participar na minibtt e Martín, Héctor,

VII Mini BTT Concello de Betanzos

Dita proba, é a duodécima carreira que forma parte do calendario da Federación Galega de Ciclismo. Ten categoría H.3A de a clasificación da devandita Federación.