Escola BTT caimanes
a escola
Coa intención de aumentar a oferta ós nosos socios máis pequenos e fomentar a práctica do deporte, nace en 2013 a Escola MTB Caimanes, con un total de 23 nenos e nenas.
Hoxe en día, a escola é unha realidade, contando con máis de 40 nenas e nenos federados con idades entre os 4 e os 14 anos, convertindose en pouco tempo nun referente do MTB galego en categorías inferiores.
Para levar a escuela contamos con un entrenador e dous monitores titulados e con material básico para que os nenos dominen a bicicleta. Cada ano, seguindo a evolución da escola, ampliamos o material de traballo e incorporamos novos materiais que obliguen ós nenos e nenas a superar novos retos.
O principal obxetivo da escola é inculcarlles ós nenos e nenas hábitos saudables, como a práctica deportiva. Por iso non nos centramos so na práctica do ciclismo de montaña, senon que propoñemos ós nenos e nenas diferentes prácticas para traballar o seu sistema locomotor e a súa psicomotricidade.
A escola funciona dende outubre ata agosto. Dado a cantidad de nenos e nenas que hai actualmente na escola, dividiremos en 4 grupos de entrenamento por idades, entrenaremos dous días á eemana durante unha hora y media aproximadamente, excepto cos máis pequenos, os de 4 a 6 anos, que entrenan so un día á semana.
Ademáis dos entrenamentos existen as competicións, denominadas Minibtts. O obxetivo principal da escola non é a competición, pero é unha parte máis deste deporte. Para desprazarnos ás competicións intentamos facelo en autobús para poder desfrutar de un día en familia.
Coa situación Covid actual, os formatos das competicións, pero podemos seguir desfrutando delas.
noticias e eventos
Últimas noticias e eventos
Neste páxina poderas atopar información sobre os eventos e noticias do club