O sábado 27 de maio, desplazámonos a Cuntis con Carmen, Juan, Simón, Hugo, Carlos, Brais, Roi e Xiana para participar na minibtt e Martín, Héctor, Raúl e Adrián para o XCO. Arrancamos o día coa minibtt na que os minicaimans desfrutaron dun circuito divertido con zonas técnicas e exixentes por igual, a medida que avanzaban as categorías os circuitos aumentaban en lonxitude e dificultade, tivemos algún percance con caídas, sen consecuencias graves. Cerramos a minibtt cunha nova victoria de Xiana.
Unha treboada con lóstregos, tronos e saraiba sorprendeu ó persoal no recoñecemento do circuito de XCO poñendo en perigo o inicio da competición. Ó escampar non se demorou a saida da primeira manga, onde participaban os cadetes, acabando Raúl no terceiro caixón do podium.
Na segunda manga participaban Martín e Adrián conseguindo un 3o e 5o posto respectivamente.
Fotos de Luz Iglesias.
















