IX MiniBtt Concello de Sanxenxo

 Coa resaca do XCO desprazamos a Sanxenxo con 8 nenos da escola de btt para disputar o IX Minibtt Concello de Sanxenxo. Notábanse as ganas de mibtt pois a participación rozou os 600 inscritos o que repercutiu nun retraso que foi medrando a medida que pasaban as categorías. Arrancamos a xornada coa categoría Infantil Femenina na que participaban Xiana e Marta. Logo dunha saída moi desputada Xiana marchaba con Alba (C.C.Ponteareas), estiveron toda a carreira en cabeza cun final moi axustado no que Xiana non puido coa ponteareá.

Por outra banda Marta desputaba as outras tres prazas do podium rodando moi cerca da 3º clasificada. Ó final Xiana 2º e Marta 5º. No turno dos Infantil Masculino, tomaban a saída 84 corredores con 3 caimanes no medio. Unha carreira accidentada cunha saída vertixinosa na que se formaron varios grupos que deixaron configurada a carreira, Na súa estrea na categoría, Pedro rematou 18º. Diego e Guille 29º e 32º respectivamente. Estos postos estiveron condicionados polo sorteo inicial de parrilla de saída no estabamos no posto 23. A continuación tocaballe o turno ós Alevin A, saída nerviosa sobre o mesmo circuito que os infantiles. Contabamos con dous representantes Hugo (16º) e Lucas (28º) dun total de 45 participantes. Por último, para o noso club, tomaba a saída Roi en Principiantes B que facían o mesmo recorrido que as categorías anteriores. Xa se empezaba a notar a calor e o retraso acumulado pero eso non impediu que Roi loitara para meterse no posto 24º dando así por iniciada a tempada de Minibtt

Adrián Caamaño Copa de Galicia de Maratón

Copa de Galicia de Maratón

Un novo éxito dentro do Club Btt Caimanes a cargo de Adrián Caamaño que esta fin desemana facíase cunha nova victoria no XCM de Guitiriz.

II MINIBTT E II XCO DE CUNTIS

O sábado 27 de maio, desplazámonos a Cuntis con Carmen, Juan, Simón, Hugo, Carlos, Brais, Roi e Xiana para participar na minibtt e Martín, Héctor,