Porque non so lle damos ás rodas gordas, marcharon a Marín os caimanes. O primeiro caimán en tomar a saída foi Hugo (Alevín), nun circuito sinuoso, igual para todalas categorías, lograba entrar no top 10 ó finalizar a proba. En categoría infantil o grupo rodou compacto descolgandose pouco a pouco algúns corredores. Diego e Pedro mantiveronse nese grupo loitando nun esprin final moi axustado no que Pedro lograba a 5º praza e Diego a 14º.
Tocaballe o turno ás féminas alevin, infantil, cadete e junior tomaban a saída todas xuntas. A única caimana foi Xiana que tras sufrir varias caidas de cadena rematou no posto 6º descolgada do grupo dianteiro.
Por último, os cadetes. Tres caimanes tomaban parte nesta proba. Martín, que rodaba no grupo de cabeza na metade da proba , sufriu unha aparatosa caida e non tivo outra opción máis que baixarse da bici e visitar os servizos médicos. Lucas non foi capaz de seguir o ritmo dos grupos nos que se rompeu o pelotón. Adrián Núñez foi o único que puido rematar a proba entrando no segundo grupo dentro do top 20 coa posición 19.