O C. D. Avanza escolleu o 17 de abril para organizar o V MiniBtt e II XCO Concello de Porriño xuntando ó redor de 700 participantes nun día no que as nubes ameazaban pero que respetaron ós bikers retirandose e dando paso a un sol luciu dende media maña. Iniciouse o día coas categorías Infantil masculina e feminina na mesma quenda. Circuito revirado e con zonas técnicas que crearon algun que outro tapón e algun corredor pasando polos servizos sanitarios. En categoria femenina 5 corredoras marcharon por diante o que obligou a Xiana a ir remontando ata conseguir subir ó terceiro posto do caixón. En categoría masculina Pedro acadaba o posto 27 e Diego o posto 56 despois de sufrir algún problema físico a consecuencia da exixencia do circuito. En principiantes B Roi remataba no posto 22 mellorando ó acadado en Sanxenxo. O último caiman en tomar a saída foi Juan (promesa A) que rematou no posto 29.
Pola tarde tocaballe o turno ós cadetes. Unha longa rampa de asfalto daba a entrada ó circuito no que era moi complicado adiantar. Cunha boa saída Martín situouse no grupo de cabeza, Raúl e Adrián quedaron cortados e tiveron que remontar durante a carreira. Ó final Martin cun 5º posto quedouse moi cerca das prazas de podium. Raúl rematou no posto 14 e Adrián no 22.