V XCO CAIMANES

Organizamos o V XCO Caimanes no lugar de A Cortella (Coirós) cunha participación superior ós 200 corredores. Na primeira proba de categoría Cadete, 6 caimanes tomaron a saída, rematando Martín na 10º posición, Raúl 15º con problemas mecánicos, Adrián Núñez 20º, Adrián Grandal 30º, Lucas 38º e Matías 41º dun total de 48 corredores. Ó mesmo tempo tomaban a saída os Master 40-50 e 60. Jose Manuel (M40) remataba no posto 26º. Na segunda tandada de saídas tocáballe o turno ós Élite, Junior e Master 30. Contábamos con dous corredores, Javier (15º Elite) e Quique (13º M30). Boa participación nun día no que respetou o bo tempo.

VII Mini BTT Concello de Betanzos

Dita proba, é a duodécima carreira que forma parte do calendario da Federación Galega de Ciclismo. Ten categoría H.3A de a clasificación da devandita Federación.

Trofeo XSM C.C. Lugar o Seixo

Porque non so lle damos ás rodas gordas, marcharon a Marín os caimanes. O primeiro caimán en tomar a saída foi Hugo (Alevín), nun circuito